Pantech presenta un tabletófono con lector de pegadas dixitais
xoves, 10 de outubro do 2013
A incorporación do sensor TouchID no iPhone 5S está a facer
que algúns fabricantes recuperen o por moitos esquecido sensor de pegadas
dixitais, e un dos móbiles que dá tal paso é o Vega Secret
Note da compañÃa surcoreana Pantech, que inclúe a lectura de pegadas para
protexer a información persoal, á vez que presenta un atractivo tabletófono con
pantalla de Full HD de 5,9 polgadas, lapis dixitalizador, sensor táctil
traseiro, conectividade LTE e a opción que equipalo cunha funda que deixa
visible unha pequena fiestra na podemos acceder ao control multimedia e a
outras funcións coa tapa pechada.
Queda claro asà que non estamos ante un dispositivo de baixa gama, senón dun
móbil moi completo, que pode competir sen moito problema con, por exemplo, os
GALAXY Note de Samsung, pois funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 800 de
4 núcleos a 2,3 GHz, 3 Gb de RAM, cámaras de 13 e 2 MpÃxeles, 32 Gb de
almacenamento interno e sistema operativo Android 4.2.2. O seu grosor é de só
8,85 milÃmetros, pesa 190 gramos e venderase en cor branco ou negro por 900.000
wons (620,39 euros).
- O smartphone pode completarse cunha funda que deixa á vista unha pequena área da súa pantalla