Papers, Please estrea versión para iPad

venres, 12 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Un dos xogos independentes máis premiados en 2013, Papers Please, chega hoxe ao iPad a un prezo de 5,49 euros (prezo promocional de lanzamento), permitindo así gozar este título que permítenos adoptar o rol dun inspector aduaneiro controlando o fluxo de entrada de cidadáns que dende Kolechia queren entrar na metade da cidade de Grestin controlada polo estado comunista de Arstotzka, impedindo que se colen contrabandistas, espías e terroristas en base á análise dos seus documentos e dunha inspección na que teremos que demostrar a nosa habilidade.
Como acontecía na versión para ordenadores persoais, esta creación de Lucas Pope desenvólvese en 31 días e conta con 20 finais, contando tamén con elementos propios da interfaz táctil do iPad para poder axilizar as inspeccións.
A xeito de curiosidade podemos comentar que o xogo foi rexeitado inicialmente por Apple xa que nas imaxes do scanner corporal podían verse espidos, o que considerouse “contido pornográfico”, de xeito que Pope eliminou as imaxes conflitivas da aplicación para poder pasar o filtro, de xeito que onte conseguiu que aceptase o seu xogo na App Store. Cómpre salientar que a versión para ordenador xa incluía a opción de eliminar os espidos.

O scanner corporal non amosará espidos na versión para iPad

PUBLICIDADE