Parrot BOOMBOX: novos altofalantes 2.1 con Bluetooth

mércores, 26 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Onte presentaron no Xapón o sistema de son 2.1 Parrot BOOMBOX que recibe a música a través de comunicacións Bluetooth, de xeito que resultan sumamente axeitados para escoitar música dende o móbil ou reprodutores multimedia coma o iPod Touch ou o Blusens G12.
O Parrot BOOMBOX tamén en entrada de audio analóxica, pero os dispositivos Bluetooth que soporten A2DP poden empregar estes altofalantes de 60 W, 430 x 225 x 150 mm. e 5,6 quilogramos de peso que se porán á venda o vindeiro 24 de outubro a 49.350 iens (301,97 euros).
Os usuarios que non teñan reprodutores multimedia Bluetooth tamén poderán empregar un adaptador Bluetooth que permite empregar tal tecnoloxía sen fíos en calquera conector de saída de son.

PUBLICIDADE