Parrot presenta un novo drone con capacidades profesionais
luns, 12 de maio do 2014
Parrot
deu un interesante paso en 2010 ao estrear o AR.Drone, un pequeno vehÃculo
voador teledirixido que integraba unha cámara e que podÃa controlarse dende o
smartphone a distancia, e aÃnda que inicialmente era unha especie de xoguete de
realidade aumentada, esta tecnoloxÃa non para de avanzar, e agora presentan o Parrot Bebop Drone,
que chegará ao mercado no último trimestre do ano e que supón un auténtico paso
de xigante ao integrar tecnoloxÃas punteiras que permÃtenlle converterse nunha
ferramenta válida para captar vÃdeo e imaxes aéreas de calidade.
Esta evolución do AR.Drone conseguiu reducir significativamente o seu tamaño
ata quedar en 28 x 32 x 3,6 centÃmetros, deixa o seu peso en menos de 400
gramos e, grazas aos seus numerosos sensores de tres eixos é capaz de manter a
estabilidade no aire mentres grava vÃdeo en Full HD, toma fotografÃas de 14
MpÃxeles e comunÃcase co usuario que o controla mediante 4 antenas Wi-Fi que
xestionan frecuencias de 2,4 e 5 GHz en MIMO (soportando o estándar IEEE
802.11ac) e, aparte de poder controlarse dende móbiles ou tablets con iOS ou
Android, tamén pode manexarse mediante un accesorio moi completo chamado
Skycontroller, que conta con conector HDMI o que facilitarÃa
o seu uso con lentes de realidade virtual como as Oculus Rift, conseguindo
unha experiencia de uso realmente inmersiva.
O Bebop Drone, que é tan seguro como para poder voar en interiores, funciona
cun procesador A9 de dobre núcleo, sistema operativo Linux e baterÃa de 1.200
mAh (o que permitirÃalle uns 12 minutos de voo), mentres que o mando Skycontroller
operarÃa con Android 4.3 e incluso incluirÃa un visor solar para facilitar o
seu uso en exteriores. O software deste novo produto de Parrot está deseñado
para que sexa doado publicar as fotografÃas que tomemos entre as nosas redes sociais
e para que os vÃdeos que gravemos poidan compartirse a través de YouTube cun
único toque.
VÃdeo de presentación do Parrot Bebop Drone