Patapon 2 terá versión para PS4

luns, 27 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Tras o éxito de Patapon na PSP, en 2009 chegou a súa secuela, Patapon 2, que recuncaba na básica mecánica rítmica que resultaba tan aditiva, e que o vindeiro día 30 poderemos recuperar grazas a Patapon 2 Rematered, versión do xogo de PSP adaptada á PlayStation 4.
Este xogo de acción, no que o ritmo é moi importante, adaptou os seus gráficos para que poidan lucir axeitadamente incluso en pantallas de ultra alta definición, o que supón un salto xigantesco dende a resolución da pantalla de 4,3 polgadas da PSP (que só representaba 480 x 272 píxeles).
Patapon 2 Remastered permitiranos liderar ao exército Patapon a través de máis de 30 misións de caza, escolta e batalla contra xefes, explorando contornos variados e gozando dunha chea de minixogos e sorpresas que recibirán de bo grado os seareiros desta franquía nacida na PSP.

Tráiler de Patapon 2 Remastered

PUBLICIDADE