PayPal Here facilitará os pagamentos móbiles con tarxetas bancarias
venres, 22 de febreiro do 2013
De cara ao Mobile World Congress de Barcelona Paypal está
a anunciar que prevé
comezar a comercializar durante o verán en Reino Unido unha solución de
pagamentos con tarxeta bancaria dende o smartphone a través dun lector
compatible con tarxetas con chip e PIN (e non só con banda magnética, como
acontece nos EE.UU.) para facilitar os pagamentos en calquera momento e lugar,
resultando de grande utilidade para pequenas empresas, que teñen asà unha
alternativa ao efecto para cobrar polos seus produtos e servizos a cambio dunha
pequena comisión.
Esta nova solución chámase PayPal Here,
é compatible con tarxetas de débito e crédito (e PayPal) e baséase nun
dispositivo que comunÃcase co iPhone ou cun móbil con Android a través de
Bluetooth, mecánica que pode sorprender polo feito de ser moi semellante a SetPay, solución
desenvolvida dende Santiago de Compostela, que xa está operativa, e que
demostra que non é preciso ser un xigante como PayPal para poder innovar nos
sistemas de pagamento.
VÃdeo no que se explica o funcionamento de PayPal Here