Pepephone estrea 5G

luns, 14 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Tras meses ofrecendo 5G aos seus clientes, O2 fixo oficial este tipo de tecnoloxía móbil hai uns días, e agora Pepephone, que tamén achegaba conexións 5G a algúns clientes nas últimas semanas, é a compañía que anuncia que ofrece 5G de xeito oficial, de xeito que podemos asegurar que esta tecnoloxía xa non é cousa dos grandes operadores, e podemos entender que nos vindeiros meses irá chegando a moitos outros provedores móbiles virtuais.
Dende Pepephone aseguran que pagar gozar de 5G con eles chega con ter un móbil compatible e estar nalgún dos territorios onde teñen despregada esta tecnoloxía (aseguran chegar ao 70% da poboación). Tamén aseguran en estar a traballar para mellorar a cobertura da 5G para os seus clientes, polo que é cuestión de tempo que acaden unha cobertura comparable á das conexións 4G actuais.
Coa 5G aseguran que será posible conseguir conexións máis estables, menores latencias nas comunicacións e velocidades de descarga até 10 veces máis rápidas.

PUBLICIDADE