Pequeno adaptador Wi-Fi (IEEE 802.11n) de Buffalo

xoves, 15 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Buffalo comezará a vender o mes que vén no Xapón por 2.100 iens (17,85 euros) o seu novo adaptador Wi-Fi (IEEE 802.11n) por USB 2.0 que non só ten un prezo axustado, senón que cos seus 16 x 33 x 8 milímetros sería o máis cativo do mundo, o que sería ideal para poder incrementar a velocidade das comunicacións sen fíos dun portátil, posto que os estándares de comunicacións soportados permiten unha velocidade máxima teórica de 150 Mbps (o que normalmente multiplicaría por 2,5 as velocidades habituais en redes Wi-Fi).
O WLI-UC-GN non só é cativo e acada unha boa velocidade de comunicación, senón que tamén soporta AOSS e WPS, o que simplifica a conexión a redes Wi-Fi seguras.

O pequeno tamaño do adaptador fai que sexa pouco molesto o seu uso nun portátil

PUBLICIDADE