Perdidos en XBox 360, PS3 e PC

mércores, 18 de abril do 2007 Raquel Noya

Hai cousa dun ano, Ubisoft anunciaba a adquisición dos dereitos de Perdidos (Lost), unha das series máis populares do momento, para poder desenvolver videoxogos baseados nela. Daquela, a compañía anunciou que mesmo ía contar coa colaboración dos propios actores para realizar a dobraxe dos personaxes e que tamén os guionistas colaborarían na elaboración do guión do videoxogo, mais até o momento non se sabía moito maís do devandito proxecto.
Agora, Anaitgames.com confirma que será Ubisoft Montreal a compañía encargada de levar a cabo a creación do videoxogo e que xa existe un título en preparación para Xbox 360, PS3 e PC.
O certo é que aínda non se coñece a data do lanzamento, pero ben seguro que os millóns de seareiros da serie de moda estarán a agardar como auga de maio (ou como auga de abril, tendo en conta as circunstacias climáticas actuais de Galiza) e seguramente, como aconteceu con outros fenómenos semellantes (de series de éxito afeitas ós videoxogos), esgotarase en pouco tempo nas tendas.

PUBLICIDADE