Philips presenta un Tablet PC para uso médico

martes, 23 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Philips ten toda unha liña de produtos de electrónica dedicados a uso médico, e como exemplo podemos descargar o CliniScape, que é unha pantalla táctil de 10,4 polgadas e cunha resolución de 1.024x768 píxeles que funciona a xeito de axudante clínico que asista a médicos e enfermeiras a obter máis informacións nas súas tomas de decisión en hospitais.
O dispositivo só pesa 1,6 quilogramos, ten unha autonomía de 3,5 horas e está optimizado para contornos hospitalarios (pode somerxerse en desinfectante ata 1 metro de profundidade, o que facilita o seu mantemento hixiénico).
O CliniScape funciona con Windows Vista Business, ten un procesador Intel Core Solo a 1,2 GHz, conectividade Wi-Fi, Bluetooth (o que permite o uso de sensores externos), USB, cámara dixital de 2 Mpíxeles (para facilitar a toma de instantáneas de feridas de pacentes) e un lector de códigos de barras. Comezará a comercializarse na primavera de 2008.

PUBLICIDADE