Plants vs Zombies chega ao iPhone

luns, 15 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O xogo Plants vs Zombies chegou ao PC con moito éxito de público e crítica, o que levouno a preparar o seu salto a novas plataformas, de xeito que en breve estará dispoñible a través do Bazar de Xbox LIVE e nas últimas horas púxose á venda na App Store por 2,39 euros, de xeito que os usuarios de iPhone/iPod Touch poidan facerse con este xogo que inclúe 50 niveis, 26 tipos de zombies e 13 logros, no que hai que protexer un fogar do ataque de mortos viventes mediante a colocación de plantas defensivas no xardín, concretándose nun divertido xogo de estratexia en tempo real.

PUBLICIDADE