Plants vs Zombies e Worms estrearán versión HD para o iPad

luns, 29 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A chegada do iPad é inminente e as filtracións sobre o que achegará son numerosas, destacando unha serie de capturas de pantalla da iPad App Store, que non só amosa a aparencia que terá ese servizo (sen ningunha sorpresa) senón que tamén adianta unha serie de xogos que chegarán nunha versión HD, ou sexa, adaptados á resolución de pantalla do iPad, máis grande que a do iPhone, de xeito que achegarán unha experiencia de uso optimizada para o novo trebello, sen ter que recorrerse á opción de amosar a resolución nativa do iPhone multiplicada artificialmente por 2.
Os xogos que máis destacan entre os filtrados son, sen dúbida, o Plants vs Zombies HD e o Worms HD (por contar con versións de éxito para o iPhone), pero virán ben acompañados por outros títulos menos coñecidos coma Ammoin HD, Azkend HD, Flight Control HD, Grind HD, HD Recovery, Labyrinth 2 HD, NBA Hotshot HD, Numba HD e Sparkle HD.

PUBLICIDADE