Plants vs. Zombies inspira un divertido xogo de acción

martes, 11 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Non todos os xogos que se presentan durante o E3 son grandes producións que buscan levar ao límite o potencial gráfico das consolas de nova xeración, senón que algunhas compañías ofrecen experiencias distintas, nas que o humor xoga un papel fundamental, como acontece cun novo xogo de PopCap que está a ser desenvolvido por Black Box, Plants vs. Zombies: Garden Warfare, que reinterpreta esta franquía para convertela nun xogo de acción explosiva no que haberá que sementar plantas para facer voar polos aires ás hordas de zombis que nos atacan.
O xogo gozará de modos cooperativo e multixogador e, aínda que inicialmente chegará só para Xbox One e Xbox 360, chegará posteriormente a PC e outras plataformas. Estamos así ante unha nova aplicación desta franquía de grande éxito, que tras o seu xogo orixinal tamén trasladou a súa acción a Facebook con Plants vs. Zombies: Adventures e prepara a súa secuela para iOS o mes que vén.


Trailer de Plants vs. Zombies: Garden Warfare estreado no E3

PUBLICIDADE