PlayStation Plus recibirá grandes xogos este mes
mércores, 9 de outubro do 2024
Os subscritores de PlayStation Plus recibirán, a partir do 15 de outubro, xogos moi importantes, entre os que destacan especialmente os seus tÃtulos principais (Dead Island 2, Two Point Campus, The Dark Pictures Anthology: The Devil in Me e Return to Monkey Island) aos que se unirán o xogo de PS VR2 The Last Clockwinder e os clásicos Dino Crisis, Forbidden Siren e R-Type Dimensions EX.
Pero, aparte destes xogos tan recoñecibles, cómpre salientar que en outubro chegará a PlayStation Plus o xogo independente Gris, tÃtulo dun estudio español editado por Devolver Digital que foi un grande éxito tanto de público como de crÃtica, superando os 3 millóns de copias vendidas.
Este mes tamén se incluirán os xogos Ghostbusters: Spirits Unleashed, Firefighting Simulator The Squad, Overpass 2, Tour de France 2023 e Tom Clancy’s Ghost Recon: Wildlands.