PlayStation celebra os seus 30 anos avogando pola nostalxia
luns, 2 de decembro do 2024
O 3 de decembro de 1994 chegou ás tendas nipoas a primeira consola PlayStation, e para celebrar este 30º aniversario a partir de hoxe inician unha das habituais rebaixas na PlayStation Store (que encadearÃan coas que xa estamos a vivir co gallo do Black Friday) e que tamén chegarÃan aos produtos de hardware que a marca vende directamente vÃa web.
Pero aÃnda que os descontos poidan parecer importantes, está a captar máis atención o nostálxico vÃdeo co que se celebra o 30º aniversario de PlayStation, asà como unha novidade que está a chegar ás propias consolas PlayStation 5, e que permite que a súa interface de menús, de xeito conmemorativo, poida verse como o de vellas consolas da marca, ou sexa, que podemos traer de volta os menús das anteriores xeracións de PlayStation, recuperando tanto a súa estética como os seus sons caracterÃsticos, o que espertará moitas lembranzas dende o primeiro momento, xa que incluso se recupera a pantalla de carga tradicional das primeiras PlayStation.
- Temporalmente podemos gozar da PS5 cun menú propio de hai 30 anos
VÃdeo co que PlayStation celebra os seus 30 anos