Plextor comercializa un lector de Blu-ray alimentado por USB
mércores, 21 de xullo do 2010
Tras a guerra de formatos
entre o HD DVD e o Blu-ray disc, que rematou coa vitoria deste último, non está
nada claro que o DVD teña un herdeiro real, e os soportes fÃsicos para a
distribución de pelÃculas e series de televisión parecen estar abocados á
desaparición, o que non fai que os discos en Blu-ray sexan pouco atractivos,
pois serven tanto para achegar pelÃculas en alta definición como para almacenar
grandes cantidades de información (ata 25 Gbytes nunha capa e 50 Gbytes en 2
capas), de aà que dende Plextor decidisen lanzar o
PX-B120U, unha unidade externa de lectura de discos Blu-ray que toma
a súa alimentación a través de USB, facilitando o seu transporte e a súa
utilización tanto en equipos de sobremesa coma en portátiles.
A unidade de discos Blu-ray conectada a través de USB consegue velocidades de
ata 4x para os discos de alta definición, de 8x para DVD e de 24x para CD.
Inclúe o software Cyberlink Power DVD (aplicación para a reprodución de
pelÃculas) e véndese
dende este mes a un prezo recomendado de 109 euros.