Poio celebrará un torneo de Super Smash Bros.

luns, 27 de marzo do 2023 Marcus Fernández

O sábado 22 de abril ás 11:00 a Casa Rosada de Poio acollerá un torneo de videoxogos organizado por Gaming Troop e o Concello de Poio que contará cunha bolsa de 300 euros a repartir entre os 8 primeiros clasificados (recibindo o primeiro clasificado 130 euros).
Durante esta xornada que durará até as 21:00 poderase competir ao xogo Super Smash Bros. Ultimate, así como tamén gozar do xogo de ritmo musical en realidade virtual Beat Saber. Recoméndase aos participantes que acudan á cita co seu propio mando.
A competición poderase seguir en directo a través da canle de Twitch de Gaming Troop.

PUBLICIDADE