Poñen á venda un cargador USB que converte o noso vehículo no Coche Fantástico

xoves, 9 de xullo do 2015 Marcus Fernández

A celebración da Comic Con de San Diego parece ser a desculpa perfecta para dar a coñecer accesorios electrónicos bastante curiosos, e tras o comunicador de Star Trek con Bluetooth chéganos agora o cargador USB para o automóbil inspirado en K.I.T.T. (El Coche Fantástico) que xa está dispoñible a un prezo de 29,99 dólares (27,16 euros), lembrando a outro produto semellante que tiveran bastante éxito no pasado: o cargador USB para o coche con forma de condensador de fluzo.
O cargador USB vén a ser un adaptador que converte a corrente do acendedor do automóbil en dúas tomas USB tipo A cunha intensidade máxima de 1 Ampere que para facelo máis atractivo para os seareiros das aventuras televisivas de Michael Knight nos anos 80 integra 11 frases de K.I.T.T. que se reproducen á vez que se ilumina o vúmetro que representaba a voz do vehículo intelixente. Para evitar que a curiosidade poida converterse nun martirio, o cargador tamén conta cun interruptor que permite enmudecer o trebello.

O cargador dá a impresión de que transformamos o noso automóbil en K.I.T.T.

PUBLICIDADE