Pont-Up Store volve a Pontevedra en setembro con 41 startups
venres, 30 de xullo do 2021
A
feira Pont-Up Store, referente
no panorama estatal dos eventos de
innovación e emprendemento, volve á súa actividade logo de adiar a
súa VII edición o ano pasado por mor da COVID-19. A celebración
terá lugar novamente
na praza
de España de Pontevedra durante os días 24 e 25 de setembro.
A
organización realizou un proceso de selección que finalmente terá
41 starups
galegas, 36 serán empresas con presenza
de seu (stand),
e outras 5 que só desenvolverán actividades demostrativas na carpa.
Como novidade, atópase un grupo de emprendementos que decidiron
lanzarse ao mercado en datas recentes, a pesares de todos os atrancos
impostos pola pandemia. O Pont-Up Store decidiu premiar esta valente
acción abrindo nesta edición unha convocatoria extraordinaria
especialmente dirixida a persoas emprendedoras que puxeron en marcha
a súa empresa en plena COVID-19.
A
convocatoria extraordinaria foi un éxito, con máis de 5
candidaturas por cada praza dispoñíbel,
entre elas varias radicadas en Pontevedra, destacando a innovación
tecnolóxica aplicada co obxectivo de resolver problemas de espazo e
mobilidade nas cidades. É o caso de EVOURBE, que vai presentar un
sistema intelixente de xestión de aparcamento, e por outra parte
VI&GO, que lanza un proxecto de mobilidade sustentábel
mediante subscrición. Empresas do sector da alimentación, con
espazos web para a compra dos seus produtos, e empresas do ámbito
cultural, que ofrecen alternativas á difícil situación do sector,
completan a convocatoria.
En
canto aos emprendementos que xa foran seleccionados para participar
na edición de 2020, atopamos unha participación multisectorial con
moita diversidade cun denominador común, a innovación e
creatividade. Gastronomía, moda, complementos, arte,
sustentabilidade, rural galego e innovación tecnolóxica son os
principais sectores que se inclúen nesta VII edición.
Demostracións, podcast en directo, cursos de produción e
stand
son as algunhas das ferramentas que utilizarán as diferentes
empresas para presentar seus traballos.
O director
do encontro, Pedro Figueroa, avanzou que entre as principais
novidades que trae consigo este ano o Pont-Up Store “figura un novo
proxecto denominado dixital_pontup,
ao que o Concello de Pontevedra destinou unha achega de 6.000 euros,
que se está a desenvolver e que se presentará nas propias datas do
Pont-Up”. Segundo afirma o director, “a plataforma permitirá que
as acción innovadoras poidan ser visitadas en calquera lugar e
momento. Ademais contará cunha programación propia durante todo o
ano para a realización de foros, recreacións dixitais en 3D e
stands
virtuais e interactivos”