Por fin poden mercarse en liña as lentes con cámara para Snapchat
luns, 20 de febreiro do 2017
O
pasado outono as lentes de Snap Inc. quixeron converterse en todo un fenómeno
nos EE.UU. ofrecéndose a un prezo de 129,99 dólares en só un pequeno número
de tendas efémeras nunhas poucas cidades, converténdose nun produto que
espertou moita curiosidade, e rematada esta fase inicial na que practicamente
resultaba imposible ver as Spectacles no mundo real, e pasando bastante
desapercibidos os contidos captados dende a cámara integrada nestas lentes,
algo que poderá mudar considerablemente a partires de agora, xa que este
produto que mestura moda e electrónica de consumo xa pode mercarse en liña, polo momento
dende EE.UU., de xeito que calquera curioso poderá agora facerse con este
obxecto de desexo para comprobar se realmente este novo trebello wearable pode converterse nunha
ferramenta práctica para captar fotografÃas e vÃdeos para compartir en liña.
Este produto pode lembrar ás Google Glass, polas dificultades iniciais para
conseguirse, pero desta volta o produto ten un prezo de entrada moi inferior e
agora democratiza a súa compra, polo que queda por ver se realmente estamos
ante unha tecnoloxÃa que o público ve con bos ollos ou, pola contra, pasada a
moda inicial, xorden os rexeitamentos predicibles do feito de que alguén poida
estar a filmar o que captan as súas lentes (aÃnda que as Spectables conta con
iluminación LED para destacar cando están a gravar, para non invadir a
intimidade da xente que pode sentirse vixiada).
Dado que Snap Inc. está a preparar a súa Oferta Pública de Valores, podemos
entender que o negocio das Spectacles pretende mellorar o valor dunha compañÃa
que parece ter estancado o seu negocio ao redor da aplicación Snapchat, que
perdeu moito pulo mentres Instagram, Facebook e WhatsApp copian as súas
funcionalidades e manteñen un crecemento impresionante.