Porsche deseña unha BlackBerry de luxo

xoves, 27 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Porsche Design e Research In Motion (RIM) anunciaron o novo smartphone Porsche Desing P’9981 de BlackBerry, un móbil que busca combinar luxo cun bo desenvolvemento. Está construído cun marco de aceiro inoxidable, unha traseira de coiro, un teclado QWERTY cun deseño bastante rechamante e unha pantalla táctil. A súa interface gráfica tamén inclúe personalizacións creadas por Porsche Design.
O Porsche Design P’9981 ten un procesador a 1,2 GHz, grava vídeo en alta definición, pode facer uso da realidade aumentada, inclúe 8 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, funciona co sistema operativo BlackBerry 7, integra NFC e chegará ás tendas a finais de ano a un prezo que moitos considerarán prohibitivo (fálase duns 2.000 dólares).


O Porsche Design P’9981 en vivo

PUBLICIDADE