Portátil Haier con pantalla xiratoria
luns, 17 de setembro do 2007
O fabricante de electrónica chinés Haier lanzou un
novo portátil que sorprende polo seu formato pouco habitual e prezo esaxerado,
xa que conta
con caracterÃsticas propias dun Tablet PC (a súa pantalla é táctil e pode
empregarse con recoñecemento de escritura).
Este novo equipo inclúe un procesador Intel Core Duo U2500 a 1,2 GHz, 2 Gb de
RAM, un disco duro de 80 Gb, tarxeta gráfica Intel, recoñecemento de pegadas
dixitais e conectividade Wi-Fi e 3G.
O peso deste equipo é de só 1,6 quilogramos, e a súa pantalla rotatoria ten
unha diagonal de 8,6 polgadas e unha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, non
destacando estes detalles tanto coma os
35.999 iuans (3.453,60 euros) do seu prezo.