Portátil de HP cunha autonomía de 24 horas

martes, 9 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A autonomía dos equipos portátiles é algo que cada día mellora máis grazas á redución do consumo e o incremento da capacidade de carga, pero normalmente está moi afastada das necesidades reais dos usuarios, polo que continúa a ser preciso levar un transformador de corrente no maletín do portátil para non quedar sen batería ao pouco tempo de uso, pero o HP EliteBook 6930p podería cambiar a situación, xa que segundo o seu fabricante podería chegar a funcionar ata 24 hora seguidas cunha única carga.
O equipo utiliza unidade de disco de memoria sólida en vez de disco duro e a súa pantalla conta con iluminación LED, elementos que axudan moito a mellorar a autonomía do portátil, aínda que no caso da unidade SSD incrementan o seu prezo de xeito considerable.
Estes novos portátiles de HP comezarán a venderse en outubro a un prezo a partir dos 1.199 dólares, e como elemento tamén importante para a súa mobilidade tamén hai que destacar que o seu peso é de só 2,1 quilogramos.

PUBLICIDADE