Preparan unha consola capaz de usar vellos xogos de cartuchos

luns, 25 de marzo do 2013 Marcus Fernández

No mercado non son poucos os dispositivos que permite executar emuladores para rememorar os vellos xogos de consolas clásicas, pero sempre partindo de copias dos mesmos, e non dos orixinais, e para os que queiran poder gozar dos seus vellos cartuchos dende Hiperkin anuncian que están a traballar na Retron 5, unha consola de videoxogos retro capaz de ler cartuchos de Megadrive, NES, SNES, Game Boy, Game Boy Color e Game Boy Advance tanto de versións PAL como NTSC, ou sexa, que sería capaz de funcionar con practicamente todos os cartuchos de centos de xogos de consolas que empregaban este tipo de soporte para almacenar o seu software.
Esta curiosa consola contará cun mando Bluetooth con cruceta e botóns de disparo e outros botóns adicionais, que poderemos programas para adaptar ao noso estilo de xogo. Contará cun porto USB para cargar o mencionado mando, e HDMI para saída de vídeo de alta definición.
Agárdase que a Retron 5 chegue ao mercado no mes de xullo a un prezo inferior aos 100 dólares.

A Retron 5 permitirá xogar con cartuchos de numerosas videoconsolas clásicas

PUBLICIDADE