Presentan o Samsung GALAXY S II Plus

xoves, 10 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe o seu novo smartphone Samsung GALAXY S II Plus, que vén a ser unha lixeira actualización do GALAXY S II, que conta cunha pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, Bluetooth 3.0, USB 2.0, Wi-Fi N, batería de 1.650 mAh e versións con ou sen NFC (o modelo con NFC ten un grosor de 0,4 milímetros máis), ou sexa, que como principais novidades estarían que que reduce o seu almacenamento interno, que engorda 5 gramos (ata os 121 gramos) e que actualiza o seu sistema operativo a Android 4.1.2.
Estariamos practicamente ante unha capa de maquillaxe para un móbil moi completo pero que veuse moi rápido eclipsado polo seu sucesor, o GALAXY S III, pese a que sexan poucas as melloras que os separan. Deste xeito, o GALAXY S II Plus chegará como unha magnífica opción para quen desexe un bo terminal de Samsung, pero non quere realizar o elevado investimento que supón a compra do GALAXY S III (é de agardar que a redución do almacenamento interno do smartphone faga que o seu prezo sexa aínda máis competitivo que o dos S II actuais).

PUBLICIDADE