Presentan o Samsung Wave coma o móbil coa mellor pantalla do mercado
luns, 15 de febreiro do 2010
Para captar algo
de atención no Mobile World Congress, Samsung trouxo o seu terminal Wave, que
fai uso da interface TouchWiz 3.0, conta coa función Social Hub (que combina
distintas plataformas de redes sociais nunha única aplicación) e destaca
especialmente por gozar dunha pantalla Super AMOLED de 3,3 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 pÃxeles que promete ser a
mellor pantalla de móbil que pode verse ata o momento.
O Samsung Wave conta cun procesador a 1 GHz, reproduce vÃdeos en MPEG-4 (DivX e
Xvid), H.264 e WMV ata a 720p, conta con conectividade Wi-Fi, Bluetooth 3.0,
HSPA e a-GPS, compás dixital, acelerómetro, radio FM, cámara de 5 MpÃxeles con
enfoque automático (e gravación de vÃdeo en alta definición) e baterÃa de 1.500
mAh. Funciona co novo sistema operativo Bada, que terÃa posibilidades
multi-tarefa e soporte de Flash.
Venderase
a partires de maio con capacidades de 2 e 8 Gbytes, ampliables mediante tarxetas
microSD de ata 32 Gb.
Revisión en vÃdeo do Samsung Wave