Presentan os primeiros ordenadores VAIO alleos a Sony
martes, 1 de xullo do 2014
- O VAIO Fit é o equipo máis tradicional do catálogo da VAIO Corporation
Ao igual que os ordenadores persoais coa marca IBM agora son
un produto de Lenovo, Sony tamén se desprendeu da súa marca VAIO, que finalmente
volve ao mercado a través doutro fabricante que responde ao nome de VAIO
Corporation e que vén de presentar os seus primeiros equipos: o VAIO Fit e o
VAIO Pro.
VAIO Corporation é unha compañÃa con menos de 240 empregados, que comeza a operar agora
no Xapón (polo momento carecen de plans de internacionalización),
conservando a marca de Sony e continuando a apostar por portátiles con deseño
coidado que, de feito, son practicamente iguais aos portátiles que Sony puxo á
venda o ano pasado.
O VAIO Fit é un portátil con
pantalla de 15,5 polgadas Full HD (no modelo máis potente, existindo versión
cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles), con procesador Intel Core i3/i5/i7, gráfica
Intel HD 4400, 4/8 Gb de RAM (ampliable até 16 Gb), gravadora de DVD, Gigabit
Ethernet, 2 portos USB 3.0, 2 portos USB 2.0 e sistema operativo Windows 7/8.1,
que vén a ser un equipo bastante básico, en contraste co VAIO Pro, que chegan en tamaños de
pantalla de 11,6 e 13,3 (Full HD), cun deseño delgado, procesadores Intel Core
i3/i5/i7, gráfica Intel 4400, 4/8 Gb de RAM, almacenamento SSD de 128/256/512
Gb, 2 portos USB 3.0 e Windows 7/8.1, que buscan facerse un espazo entre o cada
vez máis competitivo mercado dos ultrabooks.
- Os VAIO Pro optan por un deseño delgado e unidades de almacenamento SSD