Preséntase o Moto Z4 como un móbil actualizable a 5G
xoves, 30 de maio do 2019
O Moto Z3 presentouse coa promesa de que, grazas aos accesorios
moto mod poderÃa
ser o primeiro móbil do mercado con 5G, e antes de que a nova xeración de
telefonÃa móbil se popularice esta idea de teléfono actualizable a 5G
consérvase e renóvase no novo Moto Z4,
smartphone que sairá
á venda nos EE.UU. o vindeiro 13 de xuño a un prezo de 499,99 dólares (449
euros).
Este teléfono presume de poder ofrecer grandes prestacións a un prezo axustado,
coa opción de poder ampliar as súas posibilidades con accesorios, concepto que
non parece trunfar, pero que permÃtelle a Motorola ofrecer un produto
claramente diferente ao que estamos afeitos.
O Moto Z4 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 675, 4 GB de RAM, 128 GB
de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB),
pantalla OLED Full HD+ de 6,4 polgadas con lector de pegadas integrado, cámara
traseira de 48 MpÃxeles con apertura f/1.7 que consegue luminosas imaxes de 12
MpÃxeles, cámara frontal de 25 MpÃxeles, NFC, radio FM, toma para auriculares,
Bluetooth 5.0, Wi-Fi AC, baterÃa de 3.600 mAh con carga rápida de 15 watts,
resistencia a salpicaduras, a mencionada compatibilidade cos accesorios moto mod e incluso compatibilidade con
lapis dixitalizadores activos de Microsoft (prestación que poderÃa dotar de
especial atractivo a este terminal moito máis económico que os móbiles tipo
Galaxy Note).
VÃdeo promocional do Moto Z4