Primux anuncia o seu novo smartphone con pantalla de 4,5 polgadas e Android 4.4

luns, 28 de abril do 2014 Marcus Fernández

A ourensá Primux Tech continúa a reforzar o seu catálogo de dispositivos móbiles baseados en Android, apostando xa pola última versión do sistema operativo promovido por Google (a 4.4) no terminal que vai ver a luz nos vindeiros días, o Primux Kappa, que contará con pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb, cámaras de 8 e 3 Mpíxeles, dobre SIM, Bluetooth 4.0 e radio FM, que incluirá na súa caixa tanto dúas baterías de 1.700 mAh como unha tapa para a súa pantalla (flipcover) e un protector de pantalla, de xeito que o smartphone poderá estar protexido dende o primeiro día.
Tamén podemos destacar que este móbil de 8,8 milímetros de grosor emprega a tecnoloxía OGS na súa pantalla (o que permite reducir o seu grosor) e a súa cámara traseira conta con enfoque automático, HDR e estabilizador dixital de imaxe (ZSD).

PUBLICIDADE