Pro Evolution Soccer renova a súa marca
xoves, 13 de xuño do 2019
A franquÃa de xogos de fútbol de Konami, o Pro Evolution
Soccer, leva anos perdendo a partida contra o FIFA de Electronic
Arts, e sorprende ver como na súa vindeira entrega, que sairá á venda para Xbox
One, PlayStation 4 e PC (Steam) o 10 de setembro, opten por mudarlle o nome por
eFootball PES 2020.
Aparte deste ridÃculo rebranding dende Konami confirman que Lionel Messi do F.C.
Barcelona será o protagonista da carátula do xogo a nivel mundial, mentres
que a icona Ronaldinho será o que figure na portada da Edición Leyenda. Tamén
promocionan o xogo coa imaxe de Andrés Iniesta, centrocampista que terÃa
inspirado a nova técnica de regate dinámico chamada Regate Sutil.
Aseguran que PES 2020 supón o comezo dunha nova década en tecnoloxÃa
lÃder na simulación do fútbol, coa ambición de levar o eFootball a unha audiencia
mundial (aÃnda que a marca elixida non sexa moi afortunada, xa que a palabra football
non é precisamente global, de aà que a propia marca matriz empregase dende os
seus comezos a palabra soccer para describir o seu deporte).
PES 2020 incluirá cambios no sistema de control, unha versión remasterizada
da Liga Master, un novo modo chamado Matchday e unha revisión completa dos
menús do xogo, ou sexa, que estamos ante unha renovación da imaxe desta saga
que busca recuperar a atención do público.
Novo tráiler de eFootball PES 2020