Propoñen un reprodutor de MP3 con forma de prendedor de gravata

xoves, 30 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Parece que calquera obxecto pode converterse nun reprodutor de MP3 se facemos caso do deseño conceptual realizado por Jin Woo Han, que presentou cómo sería posible integrar MP3 nun prendedor de gravata sen prescindir unha pantalla LCD na que se podería amosar información sobre a canción reproducida ou mesmo para amosar mensaxes preprogramados.
O prendedor tería botóns de Play e Stop, ou sexa, que sería máis minimalista que un iPod shuffle, e parece claro que nunca chegará a comercializarse, a que dificilmente unha persoa empregaría un reprodutor multimedia tan pouco discreto (sen esquecer que nas últimas tendencias de moda non hai lugar para este complemento).

PUBLICIDADE