Propoñen unha pinza para incorporar obxectivos ás cámaras dos nosos dispositivos móbiles
luns, 13 de agosto do 2012
Cada vez
contamos nos nosos dispositivos móbil con máis posibilidades creativas para
tomar fotografÃas e gravar vÃdeo, pero baseándonos habitualmente na óptica
integrada no noso móbil ou tablet, o que agora queren cambiar cun novo proxecto
que busca financiamento a través de Kickstarter, e que consiste nunha pinza
que pode prenderse nun móbil, tablet ou incluso nun portátil para engadir un
obxectivo ás súas cámaras. Estes obxectivos poden ser de grande angular/macro (que pode encargarse
por a partir de 30 dólares) e de ollo
de pez (a partir de 35 dólares), existindo distintas opcións de compra en
función da cor da pinza e do número de unidades (por exemplo, o lote cos 2
tipos de obxectivo ten un prezo de 60 dólares). Os gastos de envÃo
internacionais destes produtos serÃan de 15 dólares.
Esta curiosa solución responde ao nome de Mobi-Lens,
e destaca fronte a outras solucións semellantes no feito de funcionar con case
calquera trebello móbil do mercado, mentres que os seus competidores
normalmente limÃtanse ao iPhone. Para que o proxecto pase a ser unha realidade
precisa de xuntar 34.000 dólares (algo que parece máis que probable) de xeito
que poderÃan remitirse aos seus compradores anticipados no mes de decembro. Os
seus responsables tamén aseguran estar a traballar nunha versión destes
obxectivos que permita facer fotografÃa a grande distancia.
Demostración do uso de Mobi-Lens