Proxector 3D de Acer

mércores, 23 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A chegada da película Avatar ás grandes pantallas está a deixar constancia da importancia das imaxes estereoscópicas no audiovisual como unha experiencia máis inmersiva do habitual, e que nos ordenadores tamén pode replicarse grazas a tecnoloxía nVIDIA 3D Vision, que normalmente funciona mediante unhas lentes especiais e un monitor especial que opere a 120 Hz, pero agora o proxector Acer H5360 leva esa tecnoloxía a un novo nivel, xa que é capaz de proxectar imaxes estereoscópicas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cun brillo de 2.500 lumens e cunha relación de contraste de 3.200:1.
O proxector de vídeo conta con entradas VGA, de vídeo composto, S-Video, compoñentes e HDMI, así coma de liña (para os seus altofalantes de 2 W), e por desgraza o seu prezo é un tanto elevado (699 euros), pero podería ser unha boa solución mentres esta tecnoloxía non chegue a un prezo aceptable a televisores de grande tamaño.

PUBLICIDADE