Psychonauts 2 busca financiamento para converterse en realidade en 2018
venres, 4 de decembro do 2015
Double Fine Productions parece terlle collido o gusto ao crowdfunding, e tras conseguir facer
realidade Broken Age, o xenial Tim Schafer
volve á carga buscando 3,3
millóns de dólares para facilitar a produción de Psychonauts 2, secuela do xogo de plataformas de 2005 que veu a
luz para PC, Xbox e PS2, e que agora quere continuar en ordenadores con
Windows, OS X e Linux e en consolas Xbox One e PlayStation 4, para o que
precisarán anos de traballo (de feito, prevén que verá a luz no outono de
2018).
Dado que o xogo orixinal foi un grande éxito, con preto de 1,7 millóns de
copias vendidas, non sorprende que a poucas horas de lanzar a campaña de
micromecenado na plataforma Fig xa superase a terceira parte do seu obxectivo,
polo que é de esperar que en breve supere a meta fixada, e xunte incluso unha
cantidade bastante maior, o que agradecerá o estudio responsable do xogo, xa
que a cantidade que están a recadar poderÃa considerase simbólica, xa que no
pasado Schafer orzamentara esta produción en 18 millóns de dólares (polo que
resulta evidente que o crowdfunding
non é a súa única fonte de financiamento).
A campaña de micromecenado é bastante accesible, xa que parte dos 10 dólares
para conseguir unha copia dixital do Psychonauts
orixinal para Windows, OS X e Linux, aÃnda que para poder facerse tamén co novo
xogo a cantidade serÃa de 39 dólares, ás que haberÃa que engadir 18 dólares se
queremos engadir como recompensa as versións do xogo para PlayStation 4 e Xbox
One.
Como vén a ser habitual neste tipo de campañas, tamén é posible facer achegas
de grande peso, de xeito que incluso será posible aportar 10.000 dólares para
poder ir de excursión (con acompañante) co equipo de desenvolvedores do xogo.
VÃdeo promocional da campaña de micromecenado do xogo