Qualcomm presenta novos procesadores para smartwatches

mércores, 20 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Tras uns anos nos que parecía que os smartwatches baseados na plataforma de software de Google estaban estancados chegan novos procesadores de Qualcomm que promete dinamizar o sector, os novos Snapdragon W5+ Gen 1 e Snapdragon W5 Gen 1, que suporán un salto en prestacións e autonomía.
O procesador de referencia sería o Snapdragon W5+ Gen 1, que presume de reducir o consumo un 50%, dobrar o rendemento e reducir o tamaño até un 30%, contando tamén con conectividade Bluetooth 5.3 e soporte dos estándares de baixa enerxía para transmisión sen fíos de datos e son.
Actualmente están en desenvolvemento 25 deseños de dispositivos con estes novos procesadores, sendo os primeiros fabricantes que os adoptarán Oppo e Mobvoi, polo que en poucos meses poderemos ver reloxos con Wear OS que fagan uso destes novos procesadores.

Os novos procesadores presentan numerosas melloras con respecto da anterior xeración

PUBLICIDADE