R estrea tarifas móbiles a miña conta

martes, 23 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Imaxe dun anuncio dos servizos móbiles de R

Pensando en usuarios que fan moitas chamadas telefónicas dentro do seo familiar ou na empresa o operador galego R vén de estrear as tarifas planas a miña conta, que inclúen a mesma cantidade de minutos para chamadas a móbiles e fixos nacionais que a números telefónicos dentro do mesmo contrato, de xeito que, por exemplo, coa tarifa deste tipo de 18 euros/mes (sen terminal) incluiríanse 200 minutos en chamadas a móbiles e fixos, 200 minutos a números da súa propia conta, 500 Gb de transferencia de datos a máxima velocidade e 100 mensaxes de texto (aínda que polo mesmo prezo tamén está dispoñible unha tarifa plana mini que ofrece o dobre de minutos en chamadas en horario de lecer).
As tarifas planas a miña conta están dispoñibles para particulares e para empresas, e ofrécense en modalidades de entre 200 e 1.600 minutos.

PUBLICIDADE