RØDE lanza os seus primeiros auriculares
luns, 28 de marzo do 2022
O fabricante RØDE é todo un referente á hora de equipar de
microfonÃa a creadores de contido (tanto de vÃdeo como de podcasts) e ampliando
a súa gama de produtos dentro deste mesmo ámbito conta por fin cuns auriculares
supraurales profesionais, os RØDE NTH-100, que
podemos conseguir
por 179 euros.
Falamos duns auriculares de diadema que prometen unha grande calidade sonora,
aÃnda que coida especialmente o apartado do confort, para o que ten unhas
almofadas de Alcantara con xel CoolTech, conseguindo asà reducir a fatiga de
levar os auriculares postos durante moito tempo. Tamén contan cun sistema de
bloqueo FitLok para manter ben axustados os auriculares, e o seu cable é extraÃble (elemento moi
importante se confiamos en que os auriculares vaian ter unha vida longa).
Estes auriculares con drivers de 40 milÃmetros veñen cun cable de 2,4
metros, adaptador de mini-jack a jack, bolsa para o seu almacenamento, e un
xogo de identificadores de cores (lembremos que RØDE promove o uso de cores para
identificar usuarios durante a gravación de podcasts).
Estamos ante un produto que parece moi recomendable para instalacións fixas (o seu
transporte non parece cómodo, xa que non poden encartarse) e actualmente o seu
principal defecto serÃa o prezo, xa que hai produtos semellantes de marcas como
Sony, AKG ou Audio-Technica por preto dos 100 euros, aÃnda que neste caso temos
que recoñecer que estamos a falar dun prezo de lanzamento susceptible a baixar
considerablemente nos vindeiros meses.
VÃdeo promocional dos auriculares RØDE NTH-100