Rato sen fÃos con pulsómetro
venres, 8 de agosto do 2008
Asus non só fabrica placas
base, tarxetas gráficas e ata os populares ordenadores Eee PC, senón que tamén
ten os seus propios periféricos, e o último resulta un tanto rechamante pois o
seu rato
sen fÃos Vito W1 incorpora un pulsómetro, de xeito que o usuario pode
medir as pulsacións por minuto do seu corazón mentres usa o
ordenador.
O rato ten unha resolución de 1.200 puntos por polgada, inclúe un receptor USB
que funcionan na frecuencia do 2,4 GHz, conta con 5 botóns programables e tamén
inclúe a aplicación para monitorizar o noso pulso (ASUS HeartTouching).
Polo momento non se coñece o prezo de venda nin a data de lanzamento deste
orixinal rato no mercado europeo.