Rayman Fiesta Run chega finalmente a Windows Phone 8

mércores, 19 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Coincidindo coa chegada de Rayman Legends a Xbox One e PlayStation 4, a tenda de aplicacións de Windows Phone recibe finalmente o segundo título móbil da franquía, Rayman Fiesta Run, un novo xogo de plataformas que pode controlarse con sinxelos toques en pantalla ao longo de máis de 75 niveis que en novembro estrou versión para Android e iOS. Deste xeito, os usuarios de móbiles co sistema operativo de Microsoft (incluso os que só teñen 512 Mb de RAM) pode gozar por 2,49 euros deste magnífico título con gráficos coidados, unha banda sonora de luxo e unha mecánica tan divertida como aditiva.
En Rayman Fiesta Run controlaremos a Rayman saltando, voando, dando cuñados e correndo polas paredes mentre recolle lums para conseguir recompensas e melloras, superando numerosos niveis repartidos en 4 mundos moi festeiros nos que deberá derrotar a 3 grandes xefes finais para poder avanzar na súa aventura.

O xogo conta cuns gráficos moi coidados e coloridos, que caasn á perfección cun deseño de niveis impecable


Trailer de Rayman Fiesta Run

PUBLICIDADE