Rayman Legends sairá finalmente o 30 de agosto
xoves, 25 de abril do 2013
Tras anunciarse o adiamento do xogo Rayman
Legends ao mes de setembro para que, aparte de para Wii U, tamén contase
con versións para PS3 e Xbox 360, Ubisoft volve a axustar o calendario da
secuela de Rayman Origins e agora
sitúan o lanzamento de Rayman Legends
para o 30 de agosto, co que parece que evitarÃan coincidir nas tendas co
lanzamento de Grand Theft Auto V,
xogo que poderÃa eclipsar totalmente a este prometedor xogo de plataformas.
Para calmar aos usuarios de Wii U, que levan moito agardando por este xogo, hoxe
chega á Wii U eShop a aplicación Rayman
Legends Challenges, que pode descargarse de balde e que ofrecerá catro
niveis que estarán dispoñibles para de 1 a 5 xogadores e alternarán
regularmente con retos diarios e semanais. As marcas no xogo rexistraranse en
liña e tamén será posible competir contra os nosos amigos (que aparecerán como
imaxes pantasma). Os niveis cos que se estrea a aplicación son: o alxube de
Murfy, a fosa interminable, a torre infinita e a terra dos non-tan-mortos,
niveis xerados ao azar.
VÃdeo de presentación da nova aplicación de Rayman que pode descargarse de balde para Wii U dende hoxe