Razer pon á venda auriculares sen fÃos con baixa latencia
martes, 29 de outubro do 2019
Os
auriculares intrauditivos sen fÃos teñen numerosas limitacións, e mentres
fabricantes como Apple céntranse en detalles como a cancelación de ruÃdo dos AirPods
Pro, dende Razer pensan nos xogadores e estrean os Razer
Hammerhead, uns auriculares que prometen liberdade sen fÃos e contan
cunha latencia de entrada ultrabaixa (60 milisegundos) que permite que o son
estea ben sincronizado e asà empregar auriculares Bluetooth non supoña unha
desvantaxe competitiva en xogos, asà como poden conseguir unha mellor
experiencia consumindo vÃdeo e música.
A meirande parte dos auriculares Bluetooth padecen latencias que poden superar
os 250 milisegundos, o que é máis que notable, o que dispositivos como os smartphones
e tabletas corrixen normalmente adiando a imaxe, conseguindo asà a súa
sincronización, solución que non pode aplicarse aos videoxogos, de aà que os
novos auriculares de Razer buscasen solucionar este importante atranco para
poder gozar plenamente duns auriculares Bluetooth 5.0. Este modo gaming
de baixa latencia debe activarse mediante tres toques no auricular.
Os Razer Hammerhead teñen resistencia IPX4 (polo que son aptos para a práctica deportiva),
teñen diafragmas optimizados de 13 milÃmetros para ofrecer sons de grande
calidade, poden controlarse de xeito táctil ou a través de asistente de voz, o
seu estoxo de carga permite que teñan unha autonomÃa total de até 1 horas,
inclúen fundas de silicona para unha suxeición cómoda e segura e contan con
aplicación para iOS e Android (dende a que pode seleccionarse o idioma para o
indicador de voz).
O
prezo de venda destes auriculares é de 119,99 euros, polo que terao doado
para competir con outros auriculares semellantes entre o colectivo de
xogadores.