Razer prepara mandos arcade inspirados en Dragon Ball FighterZ

venres, 25 de maio do 2018 Marcus Fernández

A marca de produtos para gamers Razer chegou a un acordo con Bandai Namco e Shueisha/Toei Animation para producir mandos arcade para Xbox One e PlayStation 4 de As Bolas Máxicas, que sairán á venda esta mesma primavera a un prezo de 239,99 euros, detalle que deixa claro que estamos ante un hardware de grande calidade, con compoñentes premium de Sanwa (propios de máquinas recreativas).
Estes novos mandos están compostos por unha panca de 8 direccións e 10 botóns, que poden personalizarse para adaptarse a distintos estilos de xogo e que incluso teñen un acceso doado aos seus compoñentes internos para poder reparar e realizar modificacións. Aínda que o joystick incorporado é de formato xaponés (bola) incluso é posible substituílo por un joystick tipo bate (máis habitual en España).
Estes mandos inclúen un cable USB extraíble de 3 mestros, e tanto o Razer Panthera para PlayStation 4 como o Razer Atrox para Xbox One son mandos que xa existen no catálogo de Razer na súa versión estándar, que diferénciase desta nova só a nivel estético, xa que as novas edicións presentan un vinilo cunha imaxe de Dragon Ball FighterZ e os botóns de disparo decorados como se fosen as Bolas Máxicas.

O interior dos mandos é accesible para a súa reparación e modificación

Vídeo promocional dos novos mandos arcade de Razer

PUBLICIDADE