Razer presenta unha alfombriña de dúas caras

xoves, 28 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

O fabricante de periféricos orientados aos xogadores de videoxogos, Razer, anunciou unha nova alfombriña para os ratos informáticos chamada Vespula que destacar por ter dobre cara, de xeito que os usuarios poderán elixir se utilizala para movementos rápidos ou precisos, xa que as distintas superficies da alfombriña teñen rugosidades diferentes.
A Razer Vespula inclúe unha peza feita de xel que permite repousar o pulso durante o uso do rato, é resistente ás abrasións, ten un recubrimento mate non esvarante e sae á venda a 34,99 euros.

PUBLICIDADE