Real Racing 3 chegará o día 28 como Free-to-Play

martes, 12 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Tras o éxito das primeiras entregas de Real Racing para iOS e Android, EA e Firemonkeys anuncia que Real Racing 3 vai estrearse o vindeiro día 28 na App Store, Google Play e a Amazon Appstore como un xogo Free-to-Play, ou sexa, que poderá comezar a xogarse de balde e incluso avanzará na popularización do xogo incluíndo un novo modo competitivo en liña no que os usuarios non precisarán estar en liña ao mesmo tempo para poder retarse.
No momento do seu lanzamento Real Racing 3 contará con 46 vehículos licenciados (de marcas como Porsche, Dodge e Audi) cubrindo 3 clases, unha grella de 22 coches, pistas do mundo real (incluíndo Laguna Seca e Indianapolis), 8 tipos de eventos variados... garantido así centos de horas de xogo de balde.
Queda por ver como instará o xogo á realización de pagamentos, que é de agardar que sexa para adquirir novos contidos como vehículos e pistas, aínda que tamén podería empregarse para outras funcións como reparar os danos nos vehículos máis rápido ou poder progresar dun xeito máis áxil mellorando os vehículos de partida.


Trailer de lanzamento do xogo de velocidade de Firemonkeys

PUBLICIDADE