Real Racing 3 estréase en Android e iOS como xogo de carreiras Free-To-Play
mércores, 27 de febreiro do 2013
Electronic Arts pretende que o seu último xogo para
dispositivos móbiles convértase en todo un fenómeno, pois Real
Racing 3 chega á App Store e a
Google Play hoxe, de balde, e cun nivel gráfico impresionante e unha acción
trepidante, que de seguro que cativará a millóns de usuarios de todo o mundo
grazas ao seu realismo e a súa accesibilidade. AÃnda que o xogo é gratuÃto,
conta con contidos que poden adquirirse dentro da aplicación, ou sexa, que o
seu modelo de negocio é o Free-To-Play, o que poderÃa ser moito máis rendible
que vender o xogo directamente segundo de desprende da expectación que está a
crear este tÃtulo desenvolvido por Firemonkeys.
Real Racing 3 conta por primeira vez
na saga con circuÃtos reais con múltiples configuracións, permite competir
contra outros xogadores aÃnda que non estean en liña ao mesmo tempo que nós,
permitirá competir en máis de 900 eventos e incorpora un motor de danos,
espellos retrovisores completamente funcionais e reflexos dinámicos
representando a realidade dunha carreira dun xeito que nunca antes vimos nun
xogo móbil deste tipo, que chega a superar a moitos tÃtulos para consolas
domésticas.
- O actor Donald Faison probando o xogo nun iPad
VÃdeo promocional de Real Racing 3