Realm Royale estrea beta para PS4 e Xbox One

martes, 22 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Unha nova proposta para os amantes dos battle royale chega hoxe en beta aberta a consolas, trátase de Realm Royale, título con ambientación fantástica que convídanos a elixir unha clase (asasino, guerreiro, cazador, enxeñeiro ou mago) e saquear armas fantásticas e habilidades máxicas para crear un Campión que axude ao seu equipo para a vitoria e que, tras ofrecerse como acceso anticipado para PC, pode agora descargarse de balde para PlayStation 4 e Xbox One.
Este xogo quere que exploremos un mundo fantástico a lombos do noso cabalo, tendo que enfrontarse a outros 99 xogadores que dende agora poderán acceder a este título free-to-play sen invitación. Realm Royale estaba nunha fase alfa (na súa versión para PC) na que estableceron os fundamentos da súa xogabilidade, e coa nova beta buscan levar o desenvolvemento deste título máis aló, prometendo grandes actualizacións mensuais, así como o lanzamento de Pases de Batalla ao longo do ano, polo que resulta inevitable establecer ligazóns con Fortnite, aínda que esta proposta é moi diferente en ambientación, de xeito que será un sopro de aire fresco para moitos xogadores do título de Epic Games.

O mundo fantástico de Realm Royale poderase percorrer sobre a nosa montura

Vídeo no que anuncian a estrea da beta aberta de Realm Royale

PUBLICIDADE