Realme incorpora pantallas a 90 Hz en smartphones económicos
xoves, 5 de marzo do 2020
Actualmente
están a ter moi boas vendas en España os móbiles da marca Realme, entre os que
destacan moi especialmente os Realme 5 e Realme 5 Pro, por seren dispositivos
cuns prezos moi axustados e unhas prestacións que cobren as necesidades da
meirande parte de usuarios. Pero estes teléfonos presentados o pasado verán xa
teñen sucesores, os Realme 6 e Realme 6 Pro, que sairán inicialmente á venda na
India e que espérase que cheguen pronto ao noso territorio incorporando unha funcionalidade
nada frecuente en smartphones económicos: unha pantalla cunha velocidade de
refresco de 90 Hz.
O Realme 6 é un smartphone cun
procesador Helio G90T, até 8 GB de RAM, até 128 GB de almacenamento interno,
cámara traseira cun sensor principal de 64 MpÃxeles (apoiado por un ultra
grande angular de 8 MpÃxeles, un obxectivo en branco e negro que busca mellorar
o modo retrato e un obxectivo macro capaz de disparar fotografÃas a unha
distancia de só 4 centÃmetros), pantalla de 6,5 polgadas Full HD+ cun refresco
de 90 Hz e un orificio para albergar unha cámara frontal de 16 MpÃxeles, conta
cun lector de pegadas dixitais nun lateral e a súa baterÃa de 4.300 mAh conta
con carga rápida de 30 watts (completa unha carga en só 55 minutos). Funciona
con Realme UI baixo Android 10, é resistente a salpicaduras e dentro duns dÃas sairá
á venda por 12.999 rupias (156 euros) con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento
interno, a 14.999 rupias (181 euros) con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento,
e a 15.999 rupias (192 euros) con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento.
O Realme 6 Pro, pola súa
banda, destaca por ter unha configuración un pouco máis esixente, de xeito que
estará equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 720G e no orificio en
pantalla alberga unha cámara principal de 16 MpÃxeles e unha cámara de ultra
grande angular. Venderase por 16.999 rupias (204 euros) con 6 GB de RAM e 64 GB
de almacenamento interno; por 17.999 rupias (217 euros) xa podemos optar por un
modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento; e, finalmente, por 18.999
rupias (229 euros) temos ao móbil con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento. Temos
asà un produto que facilmente podemos entendelo como un smartphone gaming
pola súa configuración, que grazas a un prezo tan axustado poida axudar a
democratizar elementos como as pantallas de alta velocidade de refresco nos
móbiles.