Realme presenta un smartphone con 5G
mércores, 8 de xaneiro do 2020
A presentación dos
móbiles Oppo Reno3 e Reno3 Pro con 5G, con prezos de parten dos 3.399 iuans
(440 euros) daban a entender que a 5G serÃa cada vez máis asumible e que tardariamos
pouco en ver no mercado móbiles da marca Realme que aproveiten esta tecnoloxÃa,
e xa temos aquà ao Realme X50 5G,
que cumpre co esperado, e terá un prezo de saÃda de 2.499 iuans (324 euros),
que corresponderá á súa versión con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento
interno, mentres que a versión máis completa (con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento) custará 2.999 iuans (389
euros).
O Realme X50 5G pode converterse nun dos grandes referentes da primeira metade
do ano, xa que presenta un procesador Qualcomm Snapdragon 765G 5G (polo que
serÃa incluso capaz de mover xogos bastante esixentes), a súa pantalla de 6,57
polgadas terÃa unha velocidade de refresco de 120 Hz (outro dos factores que espérase
que presenten os móbiles insignia das principais marcas en 2020) e a súa baterÃa
de 4.200 mAh conta con carga rápida de 30 watts (VOOC 4.0). Tamén conta cunha
cámara traseira cuádrupla (cun sensor principal de 64 MpÃxeles) e unha cámara
frontal nun orificio en pantalla (con sensores de 16 e 8 MpÃxeles). Non esquece
o Wi-Fi AC, o Bluetooth 5.0, o NFC e incluso GPS de dobre frecuencia, mentres
que pode sorprender que o seu sensor de pegadas dixitais estea situado no botón
de acendido.
- O Realme X50 5G poderá compararse coa meirande parte dos smartphones de alta gama que veremos a comezos de 2020, pero cun prezo moi inferior