Red Dead Redemption podería chegar a PC en breve

martes, 13 de agosto do 2024 Marcus Fernández

Rockstar Games lanzou en 2010 o xogo Red Dead Redemption, con versións para PlayStation 3 e Xbox 360, levando o xogo a Nintendo Switch e PlayStation 4 o pasado verán, pero deixándoo fóra do mundo do PC, o que semella que mudará en breve, pois na ficha deste título na PlayStation Store apareceu accidentalmente a descrición da que sería o xogo para ordenadores persoais.
O texto, xa corrixido, aseguraría que a versión para PC de Red Dead Redemption incluiría a experiencia completa para un xogador, con todo o contido adicional da edición Xogo do Ano e coas actualizacións da edición para PlayStation 4 do ano pasado, incluíndo tamén soporte para maiores resolucións e velocidades de fotograma, múltiples pantallas e outros accesorios (así como soporte para son envolvente).
Rockstar aínda non comentou nada ao respecto, pero parece bastante probable que Red Dead Redemption chegue como un xeito de celebrar os 15 anos dun xogo con grande impacto, acadando a excelencia con Red Dead Redemption 2, título que curiosamente si conta con versión para PC.

Red Dead Recemption é un xogo de dúas xeracións de consola atrás, que até o momento está ausente en PC