Redmi AX5, un novo router WiFi 6 económico
martes, 9 de xuño do 2020
A última xeración de routers Wi-Fi están a facerse cada vez
máis asumibles grazas aos fabricantes chineses, que están a comercializar
routers WiFi 6 a prezos moi reducidos, permitindo asà aproveitar as nosas conexións
de banda larga dende dispositivos móbiles e consolas de videoxogos sen ter que
realizar grandes investimentos.
O novo produto deste tipo é o Redmi AX5, un router
con 4 antenas independentes que promete un largo de banda de 1.775 Mbps (1.201 Mbps
na banda dos 5 GHz e 574 Mbps na banda dos 2,4 GHz) e tamén pode operar como elemento
dunha rede sen fÃos en malla, de xeito que podemos distribuÃr varios destes
dispositivos polo fogar para poder conseguir unha boa cobertura. O Redmi AX5
sae á venda mañá a un prezo de 229 iuans (29 euros) aÃnda que o seu prezo
habitual será de 249 iuans (31 euros).
Se temos en conta que unha solución de 3 elementos para montar unha rede Wi-Fi mesh
pode custar 200-300 euros, o feito de poder ter unha solución por menos de 100
euros é unha grande oportunidade que cada vez está máis ao alcance dos fogares.
O Redmi AX5 funciona cun chipset Qualcom IPQ6000 de catro núcleos, 256 MB de
RAM e 4 portos Gigabit Ethernet; e o seu control pode realizarse a través dunha
aplicación móbil.